miércoles, 18 de noviembre de 2015

Cronica

Ruta PR-AS 117 Río Agüeira, Pesoz (Asturias)

Amence outro domingo no Valadouro e o grupo de sendeirismo de Paso miúdo prepárase para ir ata Pesoz (Asturias). A primeira parada para coller algo de folgos é no bar Cantábrico en Vegadeo, onde todos nos lembramos da supercesta de Nadal do ano pasado.

Seguimos camiño ata o comezo e o que máis e o que menos chegou algo mareado despois de tanta curva.

Empezamos a nosa andaina dende o centro do pobo. O primeiro treito é unha longa baixada por un camiño estreito cheo de follas de castiñeiro (arbore predominante na zona) mais adiante tamén atoparíamos algún madroño, bidueiros, pinos, etc. Despois visitamos o pobo de Argul que ten un gran valor arquitectónico; máis adiante habia unha capela, con menor valor arquitectónico, por certo.

Pola metade do traxecto ocorreunos a anécdota da xornada. Iamos camiñando por unha pista forestal e comezamos a oír a un home berrando:" ¡a la derecha, a la derecha!" dende o outra ladeira de montaña. Non sabíamos se falaba con nós porque íamos mal ou para avisarnos de que podía haber cazadores pola zona; nesto aparecen os cazadores que debían baixar para comer e tamén chegou ata nós o home que berraba dende o outro lado, quen resultou ser o dono do restaurante onde comeríamos. Todos nos dicían que íamos mal. Despois dos dimes e diretes e de facer xa de paso a nosa parada das doce seguimos a ruta como a tiña marcada o noso presi. Baixamos por un monte que estaba cortado e limpo agás polo camiño polo que tiñamos que pasar que había algunha árbore tirada. Vimos o muíño de Sequeiro o cal estaba o lado dunha fermosa poza, subimos entre pinos e camiños con alfombra de follas. Para rematar unha longa costa que nos deixou sen alento a parte de nós.

Xa no restaurante as Cortes degustamos un riquísimo pote asturiano seguido de carne e lacón asado, todo regado cun " viño da casa".

A volta a Ferreira estivo amenizada por Javi (que sería de nós sen él). Vémonos na vindeira ruta.

Vanessa Pigueiras